gl_mrk_text_reg/13/24.txt

1 line
406 B
Plaintext

\v 24 Pero naqueles días, despois desa tribulación, o sol escurecerase e a lúa non dará a súa luz, \v 25 as estrelas irán caendo do ceo e as potencias que están nos ceos serán sacudidas. \v 26 Entón verán ao Fillo do Home que vén nas nubes con gran poder e gloria. \v 27 E entón enviará aos anxos, e reunirá aos seus escollidos dos catro ventos, desde o extremo da terra ata o extremo do ceo.