gl_mrk_text_reg/14/12.txt

1 line
512 B
Plaintext

\v 12 O primeiro día da festa dos pans sen fermento, cando se sacrificaba o cordeiro da Pascua, os seus discípulos preguntáronlle: "Onde queres que vaiamos e fagamos os preparativos para que comas a Pascua?" \v 13 El mandou a dous dos seus discípulos, e díxolles: "Ide á cidade, e alí sairavos ao paso un home que leva un balde de auga; seguídeo; \v 14 e onde el entre, dicidelle ao dono da casa: «O Mestre di: “Onde está a miña habitación na que poida comer a Pascua cos meus discípulos?” ».