\v 18 Porque non estades diante dun monte que se poida apalpar, e que ardía en lume, nin dunha escuridade tenebrosa, nin dunha tormenta, \v 19 nin do son da trompeta e da voz que falaba, que cando aqueles a escoitaron, pediron que non lles falara máis, \v 20 porque non soportaban o que se lles estaba a mandar: "Aínda se unha besta toca o monte, será apedrada". \v 21 E tan terrible era o que vían, que Moisés dixo: "Estou aterrado e tremendo".